O vendedor de amendoíns, de Joan Guasp
Comprar

En calidad de afiliado de Amazon, Lignina obtiene ingresos por las compras adscritas que cumplen los requisitos aplicables

O vendedor de amendoíns, de Joan Guasp

,

Se o mallorquino Joan Guasp (1943) entra na literatura serodiamente, cun libro de contos publicado en 1977, pódese afirmar que é na literatura dramática onde o seu nome máis sobresae. Hoxe, a Biblioteca-Arquivo edita a súa última peza publicada, O vendedor de amendoíns (2001).Obra de concepción formal que obedece á estrutura clásica -formulación, nó, desenlace, aínda que estea dividida como se fose saboroso e completo xantar: entrante, acto (prato) único e sobremesa-, que o autor domina á perfección, é unha peza sinxela e dixestiva, mais cargada dunha sutil ironía e vestida con símbolos cotiáns facilmente identificábeis.O vendedor de amendoíns inscríbese na esteira do "desbarato" mallorquino, que Llorenç Villalonga elevou a obra de arte. Nesta peza, Joan Guasp usa dunhas situacións próximas ao teatro do absurdo, mais, como afirma Gabriel Sabrafin, un absurdo que desemboca na caricatura. Unha caricatura crítica, sobre todo, das institucións que asoballan o ser contemporáneo e mais da falta de comunicación entre as propias persoas.

Detalles del libro

Editorial
Universidad de A Coruña. Servicio de Publicaciones
Año de publicación
2002
Colección
Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor;23
Idioma
Catalán
ISBN
9788497490412
LAN
f44ecf59e8ef

Formato

Desconocido