Obra galega completa
Comprar en Amazon

En calidad de afiliado de Amazon, Lignina obtiene ingresos por las compras adscritas que cumplen los requisitos aplicables

Obra galega completa

“Arealonga” quería ofrecer nun soio volume tódolos textos galegos de Rosalía de Castro, moitos deles somente atopables en publicaciós eruditas. Ademáis de “Cantares Gallegos” e de “Follas Novas”, as dúas grandes obras en galego da nosa autora, esta nosa entrega contén un conto en prosa, unhas traducciós en verso e dez poemas que Rosalía escribiu ó marxe dos dous libros citados. O leutor, por conseguinte, está dediante da totalidade do mensaxe galego de Rosalía. en canto ó erudito, afórraselle o traballo de ter que percurar as pezas esparexidas deste mensaxe. Cando Rosalía de Castro publicóu o seu primeiro libro vernáculo, Galicia era unha enorme gándara de alleamento. Ela, ó definirse e ó definirnos, brindóunos unha tarefa que outros espritos foron precisando e agrandando. Pro ela foi un verdadeiro alborecer. Cando dazasete anos despósi, en 1880, Rosalía viaza ás bisbarras mási escuras da súa intimidade, compón un libro que é un exemplario de poesía fonda, radica e gravemente desacougante. Hai nese libro, tamén, anacos latexantes da Galicia que dasquela padecía, moi concretamente, a historia. Ese volume, “Follas Novas”, consolida, en certa maneira, o que a nosa autora fixera nun lóstrego de intuición e acerto: convertir unha fala popular en ferramenta artística. Despóis de 1880, Rosalía de Castro vai vivir intres cheos de dificultade e de traxedia: desgracias familiares, penosa enfermedade, incomprensiós literarias, xenreiras ... Nestes intres, aqueloutrada por semellantes circunstacias, abandona o idioma que a ela, máis que a ninguén, lle debia a súa renacencia, a súa fermosa renacencia. O presente volume recolle, xustamente, a aportación –adecisiva e primaveral aportación- que Rosalía de Castro tributóu ó noso Rexurdimento.

Detalles del libro

Editorial
Ediciones Akal
Año de publicación
1989
Colección
Arealonga
Idioma
Español
ISBN
9788476004715
LAN
8d94b711e442

Formato

Desconocido

Otros libros de Rosalía de Castro

Descubre más libros de Ediciones Akal