Xavier Queipo, un dos narradores galegos que máis se ten prodigado na narrativa breve, celebra o seu 66 aniversario con esta colección de sesenta e seis relatos breves, aos que engade un limiar esclarecedor. A primeira parte do libro, «Relatos atópicos», recolle contos no sentido estrito, aínda que con sorpresas; «Gabinete de curiosidades» fai lembrar as prosas das súas entregas anteriores («Contornos», de 1993, e «Mundiños», de 1995); «Prosas finiseculares» é unha colección de fragmentos do seu diario na última década do século XX. Como xa acontecera en «55» (Xerais, 2014), este libro conforma un crisol de historias que pasean polo gume entre a realidade e a ficción, con moitas referencias eruditas e tamén con lembranzas de vidas que xa sucederon ou que aínda poderán suceder. Un Xavier Queipo en estado puro que explora a innovación temática e formal.
Publication
2025
Pages
344
Format
Epub
Publisher
Edicións Xerais
Excerpt
Collection
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA E-book
There are no reviews for this book yet.