Que nos fai humanos? É posible que unha intelixencia artificial aprenda as emocións humanas e as faga súas? Seis mozos son convidados a participar na proba experimental de VENARI, un misterioso videoxogo de realidade mixta do que ninguén oíu falar. Illados nunha localidade abandonada, que marca o seu recinto de xogo, vanse ter que enfrontar como cazadores a monstruosas criaturas virtuais concibidas por unha IA. Porén, VENARI axiña vai amosar o seu lado máis escuro e eles descubrirán, demasiado tarde, que non están alí para competir como cazadores, senón como presas.
There are no reviews for this book yet.