Unha Escocia en clave galega
Ata que os mares sequen é un libro sobre Escocia para ler antes de consultar as guías… ou despois de esquecelas. Un ensaio literario que reivindica o Atlántico como espazo compartido e propón unha ollada adulta, crítica e contemporánea, máis alá dos mitos románticos do século XIX, sobre quen somos cando nos miramos desde a outra beira do mar. A través de paisaxes húmidas, músicas comúns, vellos relatos e episodios esquecidos da historia europea, Manuel Gago percorre Escocia no espazo e no tempo para explorar as profundas resonancias culturais, históricas e emocionais entre Galicia e o mundo atlántico. Escocia non aparece aquí como un lugar exótico, senón como un territorio sorprendentemente familiar, que nos devolve preguntas incómodas sobre identidade, memoria, poder e futuro.
Publication
2026
Pages
336
Format
Paperback
Publisher
Morgante
There are no reviews for this book yet.