Neste libro, Juanjo Lamelas explica a física cuántica coma se fose un conto. E para facilitar a comprensión válese dun protagonista chamado Electroncio, unha partícula elemental que aproveita as súas propiedades de ente cuántico para relatar dende dentro o estraño mundo no que vive. Grazas a ela, o autor cóntanos como transcorreron as cousas dende os albores da historia ata o presente. Así, chegamos á mecánica cuántica, unha teoría perturbadora e misteriosa, ferramenta imprescindible para comprender multitude de fenómenos que pasan ao noso redor, moitos dos cales forman parte da nosa vida cotiá.
Publication
2022
Pages
232
Format
Epub
Publisher
Edicións Xerais
Excerpt
Collection
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO E-book
There are no reviews for this book yet.