Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e segue sen recuperar a súa preciosísima melena! E esa carracha tan pesada continúa suxeita ao seu pescozo. Vaia desastre! Ademais, as rúas están cheas de perigos. Por exemplo, King Kong, o terrible can dos ladridos potentísimos que monta garda fronte ao supermercado, e ao que non lle fai ningunha graza que Curriño poña unha pata no seu territorio. Será a axuda dos seus novos amigos, Frecha e Gordon, suficiente para enfrontarse a el?
Publication
2024
Pages
74
Format
Paperback
Publisher
Edicións Xerais
Illustrator
Mili Koey
Collection
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS E-book
There are no reviews for this book yet.