Maya está nerviosa porque se aproxima o seu aniversario. Cando chega o día, os Minimortos prepáranlle unha festa sorpresa onde non falta de nada, mesmo hai uns impresionantes fogos de artificio que preparou Dinamito no seu laboratorio. Vai ser un aniversario imposible de esquecer, sobre todo porque o Outro Barrio aparece ateigado dunhas eirugas de luz que formaban parte do espectáculo pirotécnico. A luz que emiten é insoportable e todo o mundo está enfadadísimo, ata o punto de que alguén denuncia a Dinamito e a Policía Esqueleta lévao preso. Que poden facer os demais Minimortos para axudar ao seu amigo? Conseguirán liberalo?
Publication
2024
Pages
56
Format
Paperback
Publisher
Edicións Xerais
Illustrator
Mar Villar
Collection
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS E-book
There are no reviews for this book yet.