Long Play

Available formats:

Log in to add

Long Play

L
Lois Pérez Díaz

"Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de "jukebox de autoxeografía". Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da "twitteratura" a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a "aritmética beatle": letras tristes + alegres melodías. A "forma" do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún "riff" de humor -se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!- e evasións cara "outros territorios posíbeis"; concíbese o propio proceso de creación como un "crescendo de arte e ensaio" pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda. A "ledicia blue" que agroma do triste. A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.

Publication

2019

Pages

192

Format

Epub

Publisher

Edicións Xerais

Excerpt

EPUB

Collection

EDICIÓN LITERARIA - POESÍA E-book

Reviews (0)

There are no reviews for this book yet.

0 reading 0 read 0 want to read 0 dropped 0 favorites