Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. Non se coñecían, mais a carón de Sandra, unha traballadora social que conduce os encontros, as súas voces álzanse de xeito testemuñal amosando a súa vulnerabilidade. Non obstante a coordinadora arrastra feridas pendentes de cicatrizar que a fan dubidar da súa capacidade profesional cando se atopa fronte ao Grupo. Unha novela onde os personaxes se ispen emocionalmente da man de An Alfaya.
Publication
2019
Pages
120
Format
Paperback
Publisher
Edicións Xerais
Collection
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
There are no reviews for this book yet.