Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes «el camaleón, el camaleón» no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo. A verdadeira poesía crea territorios. Habítaos. Ismael Ramos, ese rapaz da montaña a quen ensinaron a estar só, hai xa anos que se apropiou do territorio da ferida, pero agora demostra, como moi poucos na poesía galega actual, que tamén sabe construír novas paisaxes, modificar xeografías. Texto de Carlos Maquieira.
Publication
2023
Pages
56
Format
Epub
Publisher
Edicións Xerais
Excerpt
Collection
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA E-book
There are no reviews for this book yet.