«Os paxaros e outros poemas» é unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida. A escrita detense na materia. Trata da lama e do dereito á beleza. Investiga a textura interna da castaña e a absurda variación da morte. Hai política, sempre hai política, e un catálogo de paxaros, porque así se comprende mellor o delicado transo en que nos atopamos: os horizontes bórranse, a organización entra en crise, os significados resístense. Nese interregno, farto dos satisfeitos, intenta suceder o poema.
Publication
2021
Pages
56
Format
Paperback
Publisher
Edicións Xerais
Collection
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
There are no reviews for this book yet.