Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar. Un día, sen querer, extermina a súa especie e só sobreviven ela e mais a súa riseira avoa, que quedou moi enfadada. As dúas, coa axuda do espírito do sapo Roco, o seu mellor amigo, deberán ir ao Antiuniverso na procura dos quokkos para tentar recuperar a especie. Unha divertida aventura vivida entre o mundo do dereito e o mundo do revés.
Publication
2019
Pages
152
Format
Epub
Publisher
Edicións Xerais
Excerpt
Illustrator
Víctor Rivas
Collection
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN E-book
There are no reviews for this book yet.